Contan os vellos da Illa de Arousa que, nos tempos de antes, cando o mar mandaba máis ca o home, aparecía nas praias unha vella de ollada escura e voz esgrevia, chamada María A Manta. Dicían que vivía agochada entre os cons das praias de Gradín e Con Retallado, espreitando aos rapaces que se achegaban alí sos. Ninguén a vía chegar, pero moitos escoitábana: un ruxir grave e arrepiante que parecía vir da gorxa dun monstro mariño. Era María A Manta, que andaba ao axexo.
Di a lenda que María a Manta foi...
Segue lendo a lenda de María A Manta, a vella dos cons, contada por Helena Domínguez García
No hay comentarios:
Publicar un comentario